miércoles, 6 de abril de 2016

Produción artística







Nesta nova entrada desexo mostrar algunhas das obras de  Sabuko Estudio Cerámica que ,como xa comentei antes, ten este tema como un dos puntos de referencia na súa produción artística.





Estas obras están feitas con distintas técnicas
do mundo da cerámica












As aficións que máis me motivaron  dende hai bastantes anos son a pintura e máis o gravado e,como non podía ser menos ,a miña aldea foi e segue  sendo un  punto de inspiración en ámbolas dúas técnicas







Este é un óleo que pintei hai xa algúns anos











Estes gravados son bastante máis recentes







PUBLICACIÓNS:

Sobre este tema existe información en moitísimas revistas especializadas no campo  da natureza e no da fotografía como poden ser National Geographic,Teima etc,pero vou destacar só estes dous libros;o primeiro pola súa importancia e o segundo porque é o último que se editou .


"A Rapa das Bestas de Sabucedo"
.Historia e Antropoloxía dunha tradición.
deManuel Cabada Castro.Ed.IR INDO.

"A Estrada Miscelánea histórica e cultural"
Nº 18 (2015)
Museo do Pobo Estradense. Manuel Reimóndez Portela.

martes, 5 de abril de 2016

MÚSICAAAAAAAA

O que non pode faltar en Sabucedo durante a rapa é a música. Dende a música máis tradicional, o folc,foliadas que armamos nas casas, orquestras nas verbenas do Campo do Medio,...

Déixovos algún exemplo:


Serán- Ruada 




Alameda do Soula, 2007:

                                         








FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DO CURRO VELLO

Nesta nova entrada vouvos mostrar algunhas fotos antigas da Rapa das Bestas de Sabucedo. Eu daquela era unha rapaza pero gardo moi bos recordos do curro vello e aqueles aloitadores "campados" coas súas camisas e garabatas.Os bancos para sentarse a xente , como se pode apreciar,eran  de madeira e había que montalos todos os anos para que non se pudriran durante o inverno.






lunes, 4 de abril de 2016

ENLACES

Mostro algúns enlaces de interese:

www.rapadasbestas.es

https://twitter.com/rapa_sabucedo

https://www.facebook.com/groups/rapadasbestas/

www.aestrada.com


Tamén subo a direccón do facebook de artistas que basean parte do seu traballo na Rapa das Bestas:

Sabuko Studio, Cerámica

https://www.facebook.com/profile.php?id=100004780096194


DOCUMENTALES E CINE

No Youtube temos unha ampla mostra de documentais, películas, videoreportaxes, entre os que destacan os seguintes:

Película "O Camiño das Estrelas", Chano Piñeiro, ano 1993:


Documental "Caballos Salvajes":











CARTEIS

Na presente entrada fago unha exposición de diferentes carteis da Rapa das Bestas, uns máis antigos e outros actuais.





O Curro

Os curros lévanse a cabo o sábado ás 7 da tarde, o domingo ás 12 da mañán e o luns tamén ás 12 da mañán.

É o curro, quizáis, o acontecemento máis espectacular dentro da propia festa, aínda que en Sabucedo, moitos pensamos que é o monte o máis bonito e apaxonante.

Os aloitadores, e xa dende hai anos, tamén as aloitadoras, fan un traballo importantísimo dentro do proceso tradicional ó que nos referimos.
Nun primeiro momento, sepáranse os poldros das súas nais para que non se fagan dano. Son os rapaces os que levan a cabo esta actividade, servíndolle así de aprendizaxe para o futuro.




A continuación son os adultos os que aloitan cos cabalos e bestas. No proceso, un dos aliotadores salta enriba da besta. 





A continuación, dous compañeiros, un á cabeza, e outro ó rabo, axudan a controlar o animal.



Pero no curro tamén se leva a cabo outra actividade moi importante para os cabalos.A súa desparasitación aproveitando para facelo cando están inmobilizados.
Cando o proceso conclúe, os animais son devoltos ó seu hábitat natural. Esto ocorre o luns pola tarde.