lunes, 4 de abril de 2016

PRESENTACIÓN

Co presente blog preténdese facer un acercamento á festa da Rapa das Bestas de Sabucedo, pobo no que nacín,(e no que vivo gran parte do ano) intentando mostrar como a tradición fai desta aldea unha das máis singulares de Galicia. Un dos fins primordiais é facer fincapé en como a unión entre as persoas e as bestas marcan antropolóxicamente o carácter dunha poboación como a miña.

 Está enmarcado dentro do Concello da Estrada, provincia de Pontevedra, conformando con outros concellos (Forcarei e Cerdedo) a demarcación territorial coñecida como Tabeirós- Terra de Montes, sinalada en vermello no mapa que se presenta a continuación.




Por boa parte destes concellos, así como no de Campo Lameiro, Moraña e Cuntis, viven as bestas en liberdade durante todo o ano. 


As bestas soen estar agrupadas en manadas ou greas dunhas 60 cabezas. Cada grea ten un cabalo macho que lle dá nome á manada: Grea do Negro, do Madrileño, do Chulo, do Makelele,...

Podemos atopar moita máis información ó respecto no libro do Pai Manuel Cabada Castro editado por "Ir Indo".



A partires de aquí, e xa coñecendo o hábitat natural das bestas, procederemos en entradas posteriores a presentar o proceso polo que na primeira fin de semana do mes de xullo, se leva a cabo a festividade da Rapa das Bestas de Sabucedo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario