lunes, 4 de abril de 2016

O Monte

Nesta segunda entrega, comezaremos por explicar o proceso que se leva a cabo co fin de desenvolver a festa da Rapa das Bestas.

Todo comeza o primeiro fin de semana do mes de xullo de cada ano.

O venres, a eso das 6:30 da mañá, ten lugar unha misa na que se solicita ó Patrón de Sabucedo, San Lourenzo, que coide da saúde dos mozos e mozas que van acudir minutos despois, a buscar as bestas ó monte.



A continuación, a eso das 7:30 horas da mañá, comeza a subida para o monte, coa finalidade de coller as  greas, formadas polas bestas do Santo, cabana máis numerosa, e tamén por bestas de particulares.

 Xa no monte hai que recoller as manadas, con sabiduría e silencio, facendo un "cordón", proceso polo que se rodean as eguas, de forma sorpresiva e cautelosa. Cando xa se teñen collidas, lévanse a un punto central, " O Peón", onde se reúnen todas e se conducen posteriormente cara a Sabucedo. A continuación preséntanse unhas instantáneas nas que se pode ver o proceso:









Por último, a eso das 5 da tarde son levadas a Sabucedo para metelas nun pechado coñecido como Cataroi, onde descansarán ata o día seguinte para ir ó curro.










Por último, paso a deixarvos un vídeo no que se explica como é o proceso que se leva a cabo no monte:



1 comentario: