Nesta nova entrada desexo mostrar algunhas das obras de Sabuko Estudio Cerámica que ,como xa comentei antes, ten este tema como un dos puntos de referencia na súa produción artística.
Estas obras están feitas con distintas técnicas
do mundo da cerámica
As aficións que máis me motivaron dende hai bastantes anos son a pintura e máis o gravado e,como non podía ser menos ,a miña aldea foi e segue sendo un punto de inspiración en ámbolas dúas técnicas
Este é un óleo que pintei hai xa algúns anos
Estes gravados son bastante máis recentes
PUBLICACIÓNS:
Sobre este tema existe información en moitísimas revistas especializadas no campo da natureza e no da fotografía como poden ser National Geographic,Teima etc,pero vou destacar só estes dous libros;o primeiro pola súa importancia e o segundo porque é o último que se editou .
"A Rapa das Bestas de Sabucedo"
.Historia e Antropoloxía dunha tradición.
deManuel Cabada Castro.Ed.IR INDO.
"A Estrada Miscelánea histórica e cultural"
Nº 18 (2015)
Museo do Pobo Estradense. Manuel Reimóndez Portela.