É o curro, quizáis, o acontecemento máis espectacular dentro da propia festa, aínda que en Sabucedo, moitos pensamos que é o monte o máis bonito e apaxonante.
Os aloitadores, e xa dende hai anos, tamén as aloitadoras, fan un traballo importantísimo dentro do proceso tradicional ó que nos referimos.
Nun primeiro momento, sepáranse os poldros das súas nais para que non se fagan dano. Son os rapaces os que levan a cabo esta actividade, servíndolle así de aprendizaxe para o futuro.
A continuación son os adultos os que aloitan cos cabalos e bestas. No proceso, un dos aliotadores salta enriba da besta.
A continuación, dous compañeiros, un á cabeza, e outro ó rabo, axudan a controlar o animal.
Pero no curro tamén se leva a cabo outra actividade moi importante para os cabalos.A súa desparasitación aproveitando para facelo cando están inmobilizados.
Cando o proceso conclúe, os animais son devoltos ó seu hábitat natural. Esto ocorre o luns pola tarde.
Moi interesantes e amenas tódalas entradas do blog e moi útil para coñecer Sabucedo, ás súas tradicións e ás súas xentes. Noraboa.
ResponderEliminarGraciñas Tirso
Eliminar